miércoles, 27 de febrero de 2019

Proxectos de futuro



Boas a todos/as compañeiros/as!
Non nos esquecemos do blog, aquí estamos de novo para contarvos todo o que estamos a facer no horto.
Estas últimas semanas o frío inverno e as intensas xeadas déronnos unha tregua para comezar a arar o terreo e a preparar e delimitar os nosos bancais para os vindeiros transplantes. Grazas a axuda do alumnado de 6ºEP (que desmontaron uns palés que non se estaban a usar), puidemos construír uns caixóns para delimitar os bancais no horto. Algo tamén sementamos, pero xa volo ensinaremos cando comece a medrar.
Colocando os caixóns
Por outra banda, o alumnado de 3º EP estivo traballando moito na horta, pero tamén tiveron tempo para a investigación científica. Durante os meses de xaneiro e febreiro, os rapaces fixeron un pequeno experimento. Preguntáronse se a música clásica podía influír na xerminación e no desenrolo das plantas.  Vos qué pensades? Xa temos resultados, pero non volos imos dicir aínda, facede este experimento na casa e logo comentamos!!
Preparando os sementeiros para o estudo
Foi un traballo moi rigoroso, no que semanalmente os rapaces anotaban nunha folla unha serie de datos dunha mostra control (sen exposición musical) e da mostra experimenta (a que lle poñían música tódalas semanas). Nestas follas anotaban cando sementaron as plantas, canto tempo tiñan a música posta, cantas plantas xerminaron, cando e que altura tiña cada planta. Todos eses datos analizámolos para chegar a unha conclusión, e se vos animades a facelo na casa esperamos que vos tamén cheguedes a ela.

Medindo a altura das plantas xerminadas
Recollendo os datos obtidos
Foi toda unha experiencia  pois nunca o método científico fora tan divertido de traballar!!



Por outra parte o alumnado de 5ºEP está metido de cheo na construción dun sistema de cultivo hidropónico. Se vos soa a chinés preguntádelle os rapaces, eles xa vos poden explicar que os sistemas de cultivo hidropónico serven para cultivar plantas con auga en vez de terra, xa que aquí os nutrientes se disolven na auga. E para iso están a facer unha estrutura de 3 niveis, con capacidade para 24 plantas. Eles mesmos están tomando as medidas dos tubos de PVC, cortando e montando. Xa temos os tres niveis da estrutura e o esqueleto principal. Agora seguimos en marcha para unir cada un dos niveis e que poda recircular a auga a través do sistema. Toda unha obra de enxeñería  que esperamos poder ensinarvos pronto e posta en marcha!


Cortando os tubos





Montando a estrutura



Polo de agora seguimos traballando!
Iremos informando de boas novas. E xa sabedes…
 Vémonos no horto, sempre, en compañía! J

No hay comentarios:

Publicar un comentario