martes, 18 de octubre de 2016

Restauración da porta: Fase 2

Tras 15 días de espera ca porta empapada de gasolina e envolta en papel de film, podemos proceder á súa retirada e ó comezo da fase 2: O recubrimento con masilla plástica.


Para que a porta quede lisa e uniforme, recubríronse os múltiples buratiños e deuselle forma a diversas partes da porta xa deterioradas pola humidade. Para iso utilizamos a masilla plástica, un material que, pola súa consistencia semisólida, é doado de traballar con él e que, ó secar, adquire unha dureza considerable. Algúns dos alumnos e alumnas tiveron curiosidade polo que estaba a facer Geli e achegáronse a ela cheos de preguntas e dispostos a axudar en todo o posible. De todo se aprende nesta vida!




Unha vez aplicada a masilla, é conveniente esperar varias horas para que seque e así poder lixar sen ningún imprevisto. Ademais, mentres secaba a masilla, aproveitamos a pintar cunha pintura especial para óxido tódas aquelas partes metálicas xa oxidadas, tanto da porta como da entrada, e incluso pintamos as reixas das ventás!

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario