Neste vídeo, a modo tutorial, feito polo grupo de traballo do Erasmus de sexto curso, formado por: Nuria, Carlota e Quique podedes saber máis, sobre o cultivo de leitugas lisas verdes en mallas anti-herbas,
jueves, 8 de mayo de 2025
miércoles, 7 de mayo de 2025
Grupo Erasmus
viernes, 25 de abril de 2025
jueves, 24 de abril de 2025
Titorial plantado de pementos de Padrón
Hoxe levamos a cabo o plantado de pementos de Padón (dos que uns pican e outros non) no horto escolar cos alumnos de sexto de primaria. Aquí tedes o vídeo feito por eles cun simple móbil e unha app de edición de vídeo, espero vos guste!!.Grazas
jueves, 3 de abril de 2025
Construcción de vivac no horto escolar
Na área de Ed. Física estamos a aproveitar os espazos verdes do colexio coma os xardíns e horto escolar, para construir un refuxio improvisado ou vivac con ramas e canas de bambú, que se atopan na parcela ou xardín diante do pavillón do cole. O vivac foi feito polo alumnado de sexto dentro das actividades na natureza de Ed Fisica, deste curso escolar.
martes, 1 de abril de 2025
Parcelas e mallas antiherbas
Así está a quedar as parcelas de cultivo do horto escolar coas queimas, limpeza e colocación das mallas antiherbas.
lunes, 24 de marzo de 2025
Queimas
Volvemos a solicitar a queimas da Xunta, o permiso para poder poñerlle lume aos restos de podas e herbas do mes de marzo. A volta da viaxe a Cantabria de sexto e das vacacións de abril faremos a derradeira queima xa que a maleza e herbas medran de seguido onde non pusxemos as mallas antiherba. Cada ano temos que levar un menor traballo de desbroce grazas á colocación das mallas antiherbas (adquiridas co programa Voz Natura)
lunes, 10 de febrero de 2025
Limpeza e desbroce
Continuamos cos traballos de limpeza, desbroce e poda no horto polo alumnado de 6º coa colaboración de 5º curso baixo a supervisión de Tito e Alberto na hora de EF.
De seguido a preparación das parcelas e a queima, coa colocación das mallas antiherbas para que o resto de cursos escolares aproveite estes espazos ou parcelas, para os seus proxectos de cultivos.