lunes, 16 de diciembre de 2024

Podas e queimas

 Nestes días estamos a facer as queimas de: herba, restos de poda, madeira,  etc... recollido do horto escolar polo alumnado para aproveitalo como abono para os cultivos.

Tamén o alumnado de 5º e 6º está a elaborar os semilleiros na aula de diferentes hortalizas (chícharos, xudias, cebolas, leitugas e aromáticas como perexil) para o posterior traslado as parcelas do horto










Limpeza horto

 Neste mes e no de xaneiro farase a limpeza da maleza, madeira, refugallos etc do horto para deixar listas as parcelas de cultivo para os diferentes cursos.

Solicitarase a queimas da Xunta a autorización pertinente para levalas a cabo, no mes de febreiro ou marzo, dependendo do tempo atmosférico.

jueves, 24 de octubre de 2024

Medición das parcelas

 Nesta quincena o alumnado de 6º está a medir as parcelas para rematar coa colocación de mallas antiherba nas diferentes parcelas de cultivo que ainda non quedaran cubertas.

O traballo de desbroce foi feito polo profesorado e continuará ata febreiro xa que as chuvias non estar a axudar a ditas labores tan necesarias.

martes, 24 de septiembre de 2024

Preparación horto curso 2024-2025

 Aínda que no curso anterior (2023-2024) , por distintas casuísticas, non se publicaron no blog as actividades e tarefas levadas a cabo no horto escolar, en colaboración co programa Voz Natura da Voz de Galicia, este sí intentaremos levar ao día e publicaremos as novas neste blog sobre o noso horto escolar.

Hoxe baixamos a inspeccionar o horto co alumnado de 6º de Ed. Primaria para comezar a levar a cabo o proxecto medioambiental deste curso co título. Con-CienzaT ( aproveitamento da auga da chuvia para o regadio, creación dun riego automático) e de seguido facer as labores de limpeza e preparación das parcelas de cultivo.

lunes, 3 de junio de 2024

Cultivos de amorodos (fresas)

 Aquí tedes un exemplo de como cultivar amorodos e, evitar que os caracois e outros poidan arruinar o voso cultivo, cun material de refugallo que temos no alpendre do horto (tubaxes de PVC).

E na outra imaxe, coma están xa os tomates a estas alturas do curso no mes de xuño.