Asociación Solidaria para o Emprego e a Formación

Este proxecto de Horto Escolar é unha iniciativa da Asociación Solidaria para o Emprego e a Formación, grupo de nais e pais do colexio Compañía de María de Santiago de Compostela.

Esta asociación é pioneira á hora de crear un fondo solidario que promove as oportunidades de emprego na xuventude.
Ó contratar becarios sen experiencia previa nos seus campos dan unha primeira oportunidade de contacto co mundo laboral, unha experiencia cara a futuros empregos e, ademáis, dinamizan a educación do centro escolar ó ofertar materias e obradoiros diferentes, novidosos e divertidos.

Durante o curso 2013/2014 iniciouse o proxecto co horto escolar ecolóxico e durante 2014/2015 ampliouse a catro proxectos:

-Continuación do Horto Escolar Ecolóxico.
-Taller de Linguas. O seu blog aquí.
-Laboratorio de Química. O seu blog aquí.
-Cursos de Informática. A súa páxina web aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario